Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As xornadas de portas abertas no Centro de Deportes Acuáticos de Chapela comezan o xoves

RR_Noticias

Estaba previsto que as instalacións da piscina de Chapela abriran as súas portas ó público hoxe luns, pero problemas técnicos nas instalacións van demorar esa apertura ata a xornada do xoves. O acceso será libre ata o sábado, día 31, en horario de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 16.00 a 19.00 horas.

Leva xa construído máis de dous anos, e esta semana abrirá por fin as portas ao público o Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, logo de que a concesionaria Aqualia adiase a inauguración prevista para hoxe luns. A inauguración por parte do alcalde, Javier Bas, será o mércores día 28 ás 19.00 horas. Desde que comezou o prazo de inscrición nas novas instalacións xa foron 350 os usuarios que se inscribiron na piscina, e o prazo continúa aberto para todos os que estean interesados en facer o seu abono. O centro ofrece máis de trinta actividades diferentes de natación e ximnasia, que se impartirán na piscina, a sala de fitness, dúas salas de ximnasia e unha de fisioterapia. O prezo dos abonos oscilará desde os 23 euros mensuais para os nenos e maiores de 65 anos, e os 42 euros do bono familiar para catro ou máis membros. Con este bono os usuarios poderán participar en todas as actividades que se oferten nas instalacións. Entre as actividades que se ofrecen está o bikeindoor, cardiobox, fitpilates ou fitpower, ademais dos cursos de natación. O horario de atención ó público para inscribirse e recibir información é de 10.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará