Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco consegue un punto de ouro diante do Pontevedra nun partido sen goles

RR_Noticias

Os de Jacobo Montes estrearon a liga en Terceira División diante dun dos equipos máis fortes do campionato, e resolveron o reto con nota. O favorito marchou do campo de Soutomaior cun punto e sen ser capaz de sumar algún gol, e mesmo o Choco tivo algunha ocasión para facerse co partido.

Había tres décadas que o equipo redondelán non militaba nesta categoría, e o primeiro partido de liga supoña unha especial emoción. A mágoa é que non puidera xogar o seu primeiro partido como local na casa, por mor das obras no Campo de Fútbol de Santa Mariña. O campo municipal Graciano Padín de Soutomaior foi o escenario elixido, e moitos foron os afeccionados redondeláns que se desprazaron ó concello veciño para ver ó seu equipo. No primeiro tempo os redondeláns estiveron moi ben colocados e contaron con algunhas ocasións, e foron os que dominaron o encontro. Tamén tiveron algunha oportunidade de abrir o marcador na segunda parte, cando o conxunto do Lérez reviviu grazas ós cambios. Con todo, aínda que os de Pontevedra fixeron algunhas ocasións á contra non foron quen de materializalas.
Choco: Cortegoso, Michel, Cris, Lucas, Diego, Saúl, Yerai (Anxo, min. 80), Manu Lojo, Caloi, Curri e Robert (Albert, min. 62).
Pontevedra: Paco, Adrián, David Feito, Miguel, Yago Vázquez, David García, Fran Fandiño (David Pérez, min. 70), Iago Paz (Richi, min. 62), Santi Domínguez (Candea, min. 51), Tubo e Benja.
Árbitro: Espasandín Cores. Amoestou a Diego e Miguel Vázquez.
Campo: Soutomaior, por obras en Santa Mariña. 700 persoas nas gradas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará