Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela remata na terceira posición a Liga Galega de Traiñeiras-A

RR_Noticias

Samertolameu e Cabo de Cruz, con 8 e 3 bandeiras respectivamente, coparon os podios da tempada do remo galego. O balance para os de Chapela é algo pobre, logo dunha liga que rematou onte oficialmente en augas barbancesas coa XXIII edición da Bandeira Concello de Boiro, na que acadou a segunda praza.

A embarcación local, Cabo da Cruz, impúxose cunha diferenza de nove segundos sobre os redondeláns. No balance desta temporada son dúas as embarcacións que estiveron por riba de todas as demais. Samertolameu -que foi primeira na xeral tras gañar oito bandeiras: Sanxenxo; O Grove-Mecos; Ferrol; Viveiro; Vilagarcía; Mugardos; Teresa Herrera; Moaña- e Cabo -que é segunda na xeral con tres regatas: O Grove-Amegrove; Redondela; Boiro-. Ambas se impuxeron nas 13 regatas que compoñen a liga A. Os dous equipos loitarán agora por competir a próxima tempada na Asociación do Cantábrico de Traiñeiras (ACT), a competición que aglutina á elite do remo español con 12 equipos. A fase de ascenso terá lugar o 14 e 15 de setembro nas localidades vascas de Bermeo e Portugalete, respectivamente. Na parte baixa da clasificación da liga A figura Mecos-Mondariz, que descende directamente e a súa praza ocuparaa Ares, que foi primeira no campionato B. Mentres, A Cabana, terá que loitar con Poboa, Perillo e Morrazo -da liga B- para non perder o seu posto na competición reina das traiñeiras galegas. Esta proba do remo terá lugar en Vilaxoán o sábado e o domingo. A presenza de Perillo e Morrazo nesta fase de ascenso é consecuencia da renuncia a loitar pola promoción de Náutico Boiro-Cabo B, cuxo primeiro equipo podería acabar ascendendo á ACT, o que tamén xeraría outra vacante. A regata de onte en Boiro, da liga B, levounaa Ares, que puxo con este triunfo punto e final a unha gran tempada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará