Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Optimismo no F.S. Redondela logo do primeiro partido amigable diante do Leis

RR_Noticias

O Municipal de Pontevedra acolleu o primeiro encontro amigable desta pretemporada para os redondeláns. Como rival o Leis, equipo que esta tempada volverá a competir na Terceira División galega. Malia o resultado final de 4-2 o club amósase satisfeito co xogo do equipo, que chegara ao descanso cunha vantaxe de 1-2.

Saíron moi fortes os de Julio Mougán, pero serían os pontevedreses cun rebote nun córner os que inaugurarían o marcador. A boa defensa do Redondela e por momentos unha posesión alta do balón, faría que lle deran a volta o marcador para retirarse coa vantaxe de 1-2 ao descanso. A segunda parte sería totalmente distinta, tres minutos para esquecer farían que o Leis volteara o marcador con tres goles consecutivos e se fixera dono do encontro, con Raúl Jiménez como mestre de cerimonias. O resultado final de 4-2 deixa moitas conclusións que sacar para o equipo. O obxectivo principal, segundo o corpo técnico, é “dar continuidade ao xogo despregado na primeira parte”, e non perder a concentración “en ningún momento”, xa que os rivais, independentemente da categoría
“non perdoan”.
Reunión da base do club
O vindeiro martes, 27 de agosto a partir das 20.30 horas, terá lugar no Multiusos da Xunqueira, unha reunión con todos os integrantes e titores da base do club, así como dos interesados en formar parte dela. Nesta reunión, explicarase a liña de actuación e o proceso metodolóxica da mesma.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará