Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A praza do Conservatorio vello acolle a presentación do Artelixo 2013

RR_Noticias

Esta tarde bota a andar Artelixo 2013, unha mostra “de arte e actitude” ao redor do refugallo, o lixo e a reciclaxe que tomará as rúas de Redondela desde hoxe e ata o venres 6 de setembro. A inauguración celebrarase ás 20,30h. na praza do antigo Conservatorio, preto da rúa do Medio.

E será alí porque vense de descubrir, gracias a unhas investigacións, o Artelixo descubriu que un dos grandes surrealistas do pasado século, Marcel Duchamp, tiña “lazos” con Redondela, e chamábase en realidade Marcelo Docampo. O colectivo celebrará alí a descuberta dunha placa conmemorativa e procederase a ler o manifesto de apertura do Artelixo13, que contará coa actuación de Laura Quintillán. Durante 12 días, mostraranse na alameda e as rúas do centro as intervencións artísticas, máis de 40 obras, plasmadas nun libro que se repartirá polas prazas e lugares da vila. Desde hoxe, e xa coas obras e intervencións instaladas na rúa, comezarán as actividades desta edición co Mercalixo e o Concertolixo o 31 de agosto, o Videolixo o 1 de setembro, o Obralixo o día 3 e o Parnalixo o día 6 de setembro.  

Pablo Pastor do Artelixo
Esta tarde preséntase o Artelixo 2013 cunha homenaxe a Marcelo Docampo e a actuación de Laura Quintillán.
Parnalixo
A poesía toma as rúas no Artelixo 2013.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará