Hoxe é Sábado 31 de Outubro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Federación de Anpas impulsa a igualdade, a corresponsabilidade e o uso crítico das redes sociais

anpashorizontal

A educación en igualdade, a corresponsabilidade e o benestar emocional centran os programas que promove a Federación de Anpas de Redondela para contribuír á formación da infancia e da adolescencia. A entidade combina o seu labor de representación e defensa do ensino público con actividades educativas dirixidas tanto ás familias como ao alumnado. Entre as propostas inclúen espectáculos, campañas de sensiblización, obradoiros e concursos para o alumnado.

As iniciativas da Federación de Anpas responden á necesidade de reforzar a formación en ámbitos que consideran fundamentais para o desenvolvemento persoal e social da mocidade. Por unha banda traballar a corresponsabilidade e o reparto dos coidados e as tarefas domésticas e, por outra banda, avanzar na igualdade desmontando estereotipos e mitos de xéneros e fomentando o respecto a diversidade, traballando particularmente o uso crítico das redes sociais.

Neste sentido o presidente da Federación, José Manuel Lago salientaba o espírito reivindicativo da entidade, pero tamén formativo “sobre todo tras decatármonos das carencias existentes en eidos como a formación afectivo-sexual ou no benestar emocional e na saúde mental”.

A programación deste ano estrutúrase arredor de dúas iniciativas. Por unha banda, “Correspons-habilidade: A arte de compartir”, que promove os coidados compartidos, a igualdade e a implicación de todos os membros da familia nas tarefas cotiás. O segundo dos programas leva por nome“Mitos OFF, Igualdade ON: Likes, filtros e vidas im-perfectas” centrada nos estereotipos de xénero, na presión estética e na influencia das redes sociais.

Daniel Boullosa explica que o primeiro busca promover a corresponsabilidade, os coidados compartidos e o benestar mentres que o segundo comprende actividades e propostas centradas na reflexión, cuestionar estereotipos e construír relacións saudables

No eido da corresponsabilidade, as propostas inclúen o Taller de Familias Corresponsables, con especial atención á puberdade e á adolescencia, así como actividades para aprender a repartir as tarefas domésticas e construír relacións igualitarias.

A programación incorpora tamén os Monólogos para a corresponsabilidade, con Leti da Taberna, e o concurso A arte de compartir, que convida a rapazada de distintas idades a expresar a través do debuxo a súa visión da igualdade e dos coidados compartidos.

Para os máis pequenos, a Federación propón actividades como A Elfa Carmiña e Contos vellos, novos finais, que transmiten valores como o respecto, a cooperación e a igualdade a través da música e da narración.

A outra gran liña de traballo pon o foco no impacto das pantallas. Baixo o lema Likes, filtros e vidas im-perfectas, o programa Mitos OFF, Igualdade ON busca fomentar unha mirada crítica sobre os modelos de beleza, os estereotipos e os contidos dixitais que inflúen na construción da identidade e nas relacións persoais. Un conxunto de iniciativas que inclúe unha actividade co alumando de Bacherelato de Artes

Para iso, inclúe actividades educativas nos centros, formación afectivo-sexual impartida por especialistas e accións de sensibilización dirixidas tamén ás familias. A programación complétase con contacontos de Migallas Teatro e propostas nas que participan Arantxa Treus, Jazmín Abuín e Leticia Costas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará