Hoxe é Venres 25 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“El raro de los 90” de  David Domínguez chega a Redondela

Nature Fotografía-2

O humorista e monologuista murciano David Domínguez chega este sábado ao Multiusos da Xunqueira de Redondela co espectáculo El raro de los 90, unha viaxe en clave de humor por unha década marcada pola música, a televisión, a moda, as tribos urbanas e as formas de relacionarse dunha xeración que medrou antes da chegada dos móbiles e das redes sociais.

A actuación forma parte da programación de Humor na súa tinta do Concello de Redondela e para Domínguez será, ademais, a súa segunda actuación en Galicia despois de pasar por Santiago de Compostela.

A proposta abrangue diferentes idades. Os adultos poden reencontrarse con experiencias da súa adolescencia, mentres que os máis novos poden descubrir como era a vida antes de Internet e das redes sociais.

Un dos elementos que utiliza no espectáculo para establecer ese contraste é precisamente a maneira de relacionarse. Se hoxe os adolescentes teñen Instagram, TikTok ou outras redes sociais, nos anos 90 existían outros espazos de encontro como os recreativos.

O obxectivo, en calquera caso é que durante hora e media o público se esqueza dos problemas e simplemente desfrute. As entradas están dispoñibles en Ataquilla e nesta ligazón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará