O Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela organiza este sábado, 26 de setembro, unha nova edición do seu Festival Folclórico Anaquiños 2026, unha cita dedicada á música e ás tradicións populares que terá lugar a partir das 19:00 horas nos Multiusos do Piñeiral e que contará coa participación de tres agrupacións.
Desde Asturias chegará Asociación Folclórica Picos de Europa, procedente de Cangas de Onís, mentres que desde Amadora (Lisboa) participará o Rancho Folclórico Alegría do Minho. O programa completarase coa actuación do propio G.F. Anaquiños de Chapela.
A entrada será de balde ata completar a capacidade do recinto, polo que a organización anima o público a acudir con antelación.
O evento está organizado polo Grupo Anaquiños, que este ano celebra o seu cincuenta aniversario, e conta coa colaboración do Concello de Redondela e co apoio da Deputación de Pontevedra.









