Hoxe é Luns 14 de Setembro de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas reivindica o regreso do PP á Alcaldía de Redondela fronte ao actual “desgoberno”

pp

O PP de Redondela comeza a quentar motores de cara ás eleccións municipais de 2027. Javier Bas aproveitou o Tardeo de Fin de Verán organizado pola formación para presentar as principais liñas do seu futuro programa e reivindicar o regreso dos populares á Alcaldía, nun acto arroupado pola dirección provincial do partido.

Neste sentido, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, augurou que Javier Bas regresará á Alcaldía a partires de maio de 2027 e salientou que, malia estar na oposición, “nunca se deixou de comportar como rexedor, atendendo aos veciños e intermediando sempre nos temas de interese para o concello”.

López falou dun “modelo esgotado” en referencia ao actual goberno local “convertido nun mal sucedáneo do modelo de confrontación de Vigo, que carece de proxecto e de capacidade e que só protagoniza unha fuxida cara adiante chea de oportunidades perdidas”. López realizou estas manifestacións, xunto ao propio Javier Bas, co gallo da segunda edición do Tarde de Fin de Verán, que reuniu a 300 veciños no Pazo de Petán e que tamén contou coa presenza da conselleira María Martínez Allegue, o voceiro parlamentario do PPdeG, o redondelán Alberto Pazos, e a secretaria xeral provincial, Luisa Piñeiro.

Pola súa banda, Javier Bas avogou por cambiar o actual desgoberno nas eleccións de dentro de oito meses “para devolver a Redondela ao lugar que merece como cuatro concello da provincia e no que xa estivo, con ambición e liderado, durante os oito anos de goberno popular”. O voceiro municipal lembrou que o PP xa demostrou a súa fortaleza e xestión no executivo “o que permitía que Redondela avanzara” e contrapuxo ese período co actual de Digna Rivas, no que o Concello só é noticia polo seu retroceso, os impagos, os máis de 8 millóns de euros en axudas perdidas, os conflitos ou a falta de investimentos.

“Redondela debe volver a pensar en grande”, aseverou Bas, que enumerou os eixos do seu programa para o mandato 2027-2031 e que se centran na aprobación dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a consecución de solo para vivenda pública, un transporte interparroquial, a creación de prazas de aparcadoiro, unha Comisaría de Distrito para reforzar a seguridade, un Plan de Atención Parroquial (PAP) de carácter prioritario, a debida atención a Chapela comezando pola construción do pavillón e da escola infantil, o Espazo Cultural e Xuvenil A Marisma e a creación do servizo de prevención e extinción de incendios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará