Hoxe é Xoves 20 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece formación remunerada a mozos de 18 a 30 anos en albanelería e pintura

traballadores

Os participantes do programa “Talento mozo” cobrarán durante un ano máis de 1.400 euros mensuais e recibirán formación teórica e práctica nas especialidades de Albanelería e Pintura Decorativa. O alumnado adquirirá experiencia real realizando melloras e reformas directas en diferentes espazos públicos do municipio. As persoas interesados deben acudir ás oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) en Redondela ou en Chapela para solicitar a súa incorporación ao proceso de selección.

A Concellería de Emprego anima á mocidade desempregada do municipio a participar no programa de formación e emprego “Talento Mozo de Redondela” que arrancará no mes de setembro. Este obradoiro, que ten unha duración de 12 meses, ofrece un contrato de traballo remunerado co Salario Mínimo Interprofesional (SMI) vixente, o que supón un soldo bruto mensual de 1.424,50 €. O obxectivo é formar a un total de 16 alumnos e alumnas (8 na especialidade de Pintura Decorativa e 8 na de Albanelería), “dous sectores que contan actualmente cunha altísima demanda de profesionais no mercado laboral”, sinala o concelleiro de Emprego, Alberto Álvarez..

Melloras en edificios municipais

O alumnado adquirirá experiencia realizando melloras e reformas directas nos espazos públicos de Redondela e Chapela. Mentres os participantes de Pintura traballarán na Casa da Cultura, a Casa do Concello ou os Multiusos, os de Albanelería centraranse en reformas estruturais en locais como a antiga estación de tren de Chapela, o Conservatorio de Música e diversas rúas do casco antigo. Ao rematar o ano, obterán un Certificado de Profesionalidade oficial.

Para poder optar a estes contratos de traballo remunerados, as persoas interesadas deben ter cumpridos os 18 anos e non superar os 30 anos, estar inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SEPE) e rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil.

Para a rama de Albanelería non se precisa formación previa. Para a de Pintura Decorativa requírese a formación mínima regulada para acceder a certificados de nivel 2 (título da ESO ou un equivalente académico ou profesional).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará