Hoxe é Xoves 20 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colapso no centro de Redondela pola colocación dos baños para o Entroido de verán

horizonta

Un vehículo que transporta os baños portátiles que se están a instalar nas inmediacións do campo da feira co gallo da celebración do Entroido de verán provocou un monumental atasco en torno ás 13:30 horas de hoxe.  O vehículo accedeu á rúa ribeira en dirección contraria, cortando o paso a todos os vehículo que cruzaban a vila por Alfonso XII.

O corte prolongouse durante máis de 15 minutos provocando o enfado dos condutores que se viron inmersos no corte nunha hora xa de por si de intenso tráfico no centro. A normalidade recuperouse hai escasos minutos, unha vez rematou a colocación dos baños móbiles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Na fotografía parece que hai persoal do Concello, quero entender que foi un operativo dirixido dende o concello, pero aínda así o do camión en sentido contrario non ten moita lóxica cando o propio camión ten grúa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará