Un vehículo que transporta os baños portátiles que se están a instalar nas inmediacións do campo da feira co gallo da celebración do Entroido de verán provocou un monumental atasco en torno ás 13:30 horas de hoxe. O vehículo accedeu á rúa ribeira en dirección contraria, cortando o paso a todos os vehículo que cruzaban a vila por Alfonso XII.
O corte prolongouse durante máis de 15 minutos provocando o enfado dos condutores que se viron inmersos no corte nunha hora xa de por si de intenso tráfico no centro. A normalidade recuperouse hai escasos minutos, unha vez rematou a colocación dos baños móbiles.










Unha resposta
Na fotografía parece que hai persoal do Concello, quero entender que foi un operativo dirixido dende o concello, pero aínda así o do camión en sentido contrario non ten moita lóxica cando o propio camión ten grúa.