Hoxe é Mércores 5 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A orquestra Kubo protagoniza esta noite a verbena da Semana Grande de Soutomaior

491462432_18003633266759493_7840448605807677940_n

A III Semana Grande de Soutomaior continúa este mércores coa súa programación festiva cunha nova verbena que terá como protagonista á orquestra Kubo. A actuación celebrarase no torreiro da Feira da Devesa, en Candán, xunto ao campo de fútbol, e contará tamén coa participación da disco móbil Dolce Vita.

As festas chegarán ao seu remate o venres, 7 de agosto, cunha das citas máis agardadas do programa, protagonizada pola Orquestra París de Noia e Eme Music. Entre os días 5 e 7 de agosto desenvolveranse tamén os actos relixiosos en honra da Virxe da Peneda, San Salvador e San Caetano.

Co fin de facilitar os desprazamentos durante as xornadas de maior asistencia, o Concello manterá un servizo gratuíto de autobús lanzadeira os días 5 e 7 de agosto entre o Pavillón da Montesiña “Alfonso Pazos” e o Torreiro da Feira da Devesa, en Candán.

Ademais, volverá poñerse en marcha o programa Soutomaior Inclusivo, que ofrecerá cascos antirruído para persoas con hipersensibilidade auditiva, unha iniciativa coa que o Concello busca favorecer a participación de toda a veciñanza e avanzar cara a unhas festas máis accesibles e inclusivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará