Hoxe é Venres 19 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP propón crear un gran complexo cultural e xuvenil de 5.000 m² na Marisma

pp plano

O PP de Redondela propón a construción dunha gran infraestrutura cultural na Marisma con auditorio, un museo, biblioteca, conservatorio, Casa da Xuventude e locais sociais nun espazo de 5000 metros cadrados. Este proxecto estaría ubicado no solar que ocupaban as antigas casas dos Mestres e o actual conservatorio e suporía paralizar o actual proxecto do museo Angel Barros que pasaría a “integrarse nun proxecto moito máis ambicioso para Redondela”.

Entenden os populares que o proxecto de museo que actualmente propón o o goberno local é “un erro que condicionaría o futuro de toda a zona”. Por ese motivo, propoñen que se paralice esta obra e se proxecte a construción dunha gran infraestrutura sociocultural na zona da Marisma que permita dar un salto cualitativo nesta materia e atender as moitas necesidades dos veciños e veciñas.

Javier Bas explica que o Museo, tal e como está formulado actualmente, acabaría sendo un espazo pechado “como ten pasado coa exposición de Sargadelos na Casa da Torre ou o Meirande que unha boa parte do ano tampouco está aberto ao público”.

A súa proposta, que chegará a pleno a finias de mes, pasa por realizar un estudo para a construción dun complexo de edificios interconectados que incluiría un auditorio de grandes dimensións, un espazo museístico, unha biblioteca, un novo conservatorio, a Casa da Xuventude e locais para as asociacións, así como un espazo exterior que complementaría todos estes recintos.

Bas entende que se debe descartar a construción de edificios illados que é o que se faría no caso de construírse tal e como está planeado o actual museo ou a instalación da biblioteca en Villa Elisa “o máis axeitado insiste sería facer un espazo interconectado que albergara todos eses servizos culturais, formativos e de ocio nun espazo que sería complementario a todas as infraestruturas educativas e deportivas que xa existen na zona da Marisma.

O obxectivo do PP é que todos os partidos políticos se comprometan coa creación deste espazo cultural “cremos que é unha gran idea, porque é ambiciosa e responde ás necesidades dos veciños, polo que imos tenderlle a man a todos os grupos para sacala adiante” concluíu Bas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará