Hoxe é Martes 16 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Onda Torrella” premio ao mellor deseño sonoro no II Festival de Podcast de Galicia

Onda Torrella Fene 2 (1)

Foto de Quino CAL3

O podcast Onda Torrella, da Radio Municipal de Redondela e realizado por Alicia Tizón e Fon Conde, foi distinguido co premio ao mellor deseño sonoro no II Festival de Podcast organizado pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (Emuga), celebrado en Fene.

O xurado recoñeceu a calidade sonora dunha proposta que combina música, memoria e identidade local. O espazo dá voz a veciños e veciñas do municipio, que comparten seis cancións significativas das súas vidas xunto con anécdotas persoais, creando un retrato emocional e colectivo da comunidade.

O episodio premiado destacou especialmente polo seu tratamento sonoro, ao incorporar gravacións exclusivas da artista Noite Son realizadas especificamente para o programa, xerando unha experiencia inmersiva e unha sensación de música en directo.

Fon Conde e Alicia Tizón agradecen especialmente a Noite o seu interese e participación, porque “sen a súa calidade musical, sonora e artísica este episodio non tería o mesmo valor”.

Este recoñecemento pon en valor a aposta da Radio Municipal de Redondela polos novos formatos sonoros e pola creación de contidos de proximidade que fortalecen a memoria e a participación da comunidade.

Definición do capítulo

Noite Son achégase a Onda Torrella para agasallarnos coa súa música. Fai un fermoso repaso pola vida a través das melodías, ofrecéndonos as súas propias versións das cancións que, dalgún xeito, marcaron o seu camiño, e regalándonos en exclusiva un dos seus temas propios: “Sei o que mamei”.

Noite define así a súa música: acompañada só da súa guitarra acústica e dun pequeno set de percusión que manexa cos pés (un bombo e un pedal de percusión), crea unha experiencia íntima e chea de ritmo. Ademais, está comezando a introducir loops nalgúns temas para enriquecer aínda máis o que fai.

Unha voz preciosa e unha guitarra que nos transporta a outros mundos, que nos envolve e nos fai soñar. Que mellor agasallo que a música para este Nadal? Non perdas esta oportunidade de gozar dun concerto íntimo, cheo de emoción e sensibilidade en Onda Torrella con Fon de Con e Alicia Tizón.

Outros premiados principais:

  • Mellor podcast: “A ferida aberta no 36”, de Nuria López.
  • Premio do público: “Sábados no Cruceiro. Os retos das cidades sostibles do futuro”, de Joaquín Enríquez, Begoña Álvarez, José Javier Orosa e Andrea Bello (Universidade da Coruña).
  • Premio especial do xurado: “Boomers a conciencia”, de Pablo Álvarez e Rebeca Ayala.
  • Traxectoria: Pepe Cunha polo podcast “Ábrete de orellas”.

Outros galardóns destacados foron para “O Teleclube Romería” (mellor guión), “Sons de Compostela” (mellor produción), “Falar sen cancelas” (mellor host), “Onda Piruchela” (mellor podcast conversacional), “O crime da orca vella” (mellor ficción sonora) e “Entroido galego” (mellor narrativo de non ficción), entre outros.Este recoñecemento pon en valor o traballo das emisoras municipais galegas na innovación sonora e na creación de contidos de proximidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará