O Club de Atletismo de Redondela continúa a súa boa tempada, con numerosas medallas, marcas persoais e boas actuacións dos seus atletas en diferentes categorías, tanto en Xogade como nos Campionatos da Xunta de Galicia e a nivel nacional.
II Mitin Fer Futur 2026
O atleta sub-20 Gael Couñago Romasanta participou no II Mitin Fer Futur, celebrado en Valencia, onde saltou 1,92 m en altura. Aínda que o resultado non foi o desexado, xa que a súa última marca persoal é de 1,99 m, obtida este ano no Campionato de España disputado en Sabadell, onde conseguiu a medalla de chocolate (4º posto).
A pesar diso, a experiencia nun escenario de alto nivel ten un gran valor formativo para o seu desenvolvemento deportivo.
Campionato Galego Sub18
No XXX Campionato Galego Sub18 celebrado en Lugo, Hugo Menéndez Abalo realizou unha excelente actuación. Mellorou a súa marca persoal nos 100 m con 11.76 segundos e clasificouse para a final dos 200 m cun tempo de 24.42 segundos, aínda que unha pequena lesión lle impediu disputala. O club deséxalle unha pronta recuperación.
Campionato Galego Sub14
No XXXV Campionato Galego Sub14 en O Barco de Valdeorras, varios atletas do CAR lograron marcas persoais. Xoán Muiños Orge mellorou en 150 m (23.14 s) e lanzamento de peso (7,21 m). Carmela Santos Fernández saltou 4,34 m en lonxitude e correu os 220 m valos en 37.43 segundos. Héctor Carrera Castro estableceu 3:30.86 minutos nos 1.000 m obstáculos e saltou 1,27 m en altura. Valeria Losada Bini mellorou nos 500 m con 1:40.90, Mateo Menéndez Abalo correu os 150 m en 23.66 segundos, e Adrián Sacristán Manuel saltou 1,27 m en altura e fixo 3:50.46 nos 1.000 m obstáculos.
Campionatos Galegos Sub12 e Sub10
No XXXIV Campionato Galego Sub12 ao aire libre, disputado en Elviña (A Coruña), o club contou coa participación de varios atletas. Matías Soler Vilas logrou a cuarta posición (medalla de chocolate) nos 60 m con 8,78 segundos e saltou 3,95 m en lonxitude.
Sabela Muiños Orge mellorou a súa marca persoal nos 2.000 m con 7:41.37 minutos e alcanzou 3,86 m en salto de lonxitude. Martín Iglesias Iglesias rexistrou 6,68 m no lanzamento de peso.
No XVII Campionato Galego Sub10, Gael Sacristán Manuel conseguiu a medalla de bronce no salto de lonxitude con 3,72 m (empatado co segundo clasificado). Ademais, correu os 50 m en 8,55 segundos e participou na remuda 4×60 m co club SGP, establecendo unha marca persoal de 35.10 segundos.
Xogade Provincial Infantil
Na categoría infantil, Carmela Santos Fernández acadou unha marca persoal de 4,52 m no salto de lonxitude. Pola súa banda, Xoán Muiños Orge estableceu tamén unha mellor marca persoal no salto de altura con 1,36 m.
Xogade Provincial Alevín
Na final provincial Alevín, o CAR obtivo varias medallas. Sabela Muiños proclamouse subcampioa provincial no salto de lonxitude con marca persoal de 3,90 m e acadou o bronce nos 60 m con 9.10 segundos (tamén marca persoal). Matías Soler foi subcampión nos 60 m con 8.72 segundos e terceiro en lonxitude con 3,87 m.
Participaron ademais Irene Urdiales (9.89 s / 3,12 m), Enzo Vila (9.81 s / 2,92 m), Fran Méndez (10.01 s / 3,25 m), Martín Iglesias (10.65 s / 2,67 m) e Xoel Méndez (10.90 s / 2,87 m). O equipo mixto 4×60 m formado por Fran, Sabela, Matías e Enzo tamén competiu.
Xogade Provincial Benxamín
Na final provincial Benxamín, Manuel Rivas mellorou a súa marca persoal no salto de lonxitude con 2,63 m (50 m en 8.94 s), mentres que Gael Sacristán rexistrou 3,08 m en lonxitude e 8.76 segundos nos 50 m.
Desde o club felicicitan a todos os atletas, ao adestrador Javi Besada e aos acompañantes Guilherme Vicente e Andrés Corugeira polo seu compromiso e esforzo. O CAR segue consolidándose como unha referencia do atletismo base en Galicia.
Ademais, o club xa adianta as datas das súas carreiras populares: o 12 de setembro de 2026 celebrarase en Redondela a VI Carreira Popular Infantil e o V Contrarreloxo por Equipos. Unha cita destacada que promete gran emoción.


CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB14













