Os resultados do fúltbo sala local durante a fin de semana foron varios, destacando as vitorias do Redondela FS e o Pazos de Borbén FS.
Redondela FS Rodavigo – Alto do Vento FS (6-3)
Na Terceira División Nacional de fútbol sala, o Redondela FS Rodavigo logrou a súa primeira vitoria da tempada e fíxoo na casa. O conxunto redondelán impúxose por 6-3 ao Alto do Vento FS, nun encontro no que os locais sumaron os tres puntos diante da súa afección. Na próxima xornada, o Redondela FS Rodavigo desprazarase para enfrontarse ao Carballiño FS.
Pazos de Borbén FS – Cidade de Narón (3-1)
Pola súa banda, o Pazos de Borbén FS tamén estreou o seu casilleiro de vitorias na Terceira Nacional. O equipo de Pazos venceu por 3-1 ao Cidade de Narón no seu feudo, conseguindo un resultado positivo na segunda xornada da competición. O seguinte compromiso levará o Pazos de Borbén FS á pista do IES Coruxo FS “B”.
CVC Valladares – Redondela FS “B” (6-4)
Na segunda xornada da Preferente de fútbol sala, Grupo 2, o filial do Redondela FS non puido sumar puntos ante o CVC Valladares. O conxunto redondelán caeu por 6-4 nun partido con dez goles. Na seguinte xornada, o filial recibirá o Cesures FS.
A.D.I. Vianariño FS – Pazos de Borbén FS “B” (6-1)
Tampouco conseguiu a vitoria o filial do Pazos de Borbén FS, que perdeu como visitante fronte ao A.D.I. Vianariño FS por 6-1. O equipo de Pazos buscará recuperarse na próxima xornada, na que recibirá o Baíña FS.
A Gudiña FS – Campito Chapela FS (4-3)
O Campito Chapela FS tamén sufriu unha derrota na mesma categoría. O conxunto berete perdeu por 4-3 na pista do A Gudiña FS, nun encontro máis igualado. O seu próximo rival será o Abetos Gondomar, ao que recibirá na seguinte xornada.
Vincios FS – Arealonga FS Chapela (3-6)
Na Primeira Futgal de fútbol sala, o Arealonga FS Chapela comezou a tempada cun triunfo a domicilio. O equipo impúxose por 3-6 ao Vincios FS no pavillón municipal de Gondomar, sumando os primeiros puntos da campaña. Na próxima xornada, o Arealonga FS Chapela disputará o seu primeiro encontro como local ante o AD Tomiño Futsal.
Tamén comezou con bo pé o filial do Campito Chapela FS, que se estreou na competición cunha vitoria por 4-2 fronte ao CD Beade na casa. O equipo afrontará a seguinte xornada como visitante, na pista do CD A Paz FS.









