A praza da Casa da Torre acolle este domingo día 20 ás 20:00 horas o concerto de Roi Casal, un dos grandes expoñentes de actual música galega a nivel internacional. Co seu espectáculo “Ambos mundos”, Roi Casal presenta unha fusión de tradición galega e modernidade, combinando producións recentes de EE.UU. cos seus grandes éxitos.
A posta en escena fusiona ritmos latinos e sonoridades pop coas raíces da música galega, nun formato pensado para conectar co público de todas as idades.
O artista pontevedrés iniciouse como arpista en Milladoiro, unha das formacións máis emblemáticas da música tradicional galega, e tras unha década de traxectoria con eles consolidou unha carreira en solitario cunha importante proxección internacional.
A actuación está enmarcada dentro do ciclo “Son Verán” da Deputación de Pontevedra, unha proposta cultural que busca achegar estilos e propostas alternativas á programación habitual, e forma parte da programación cultural do Concello.










