Hoxe é Xoves 20 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grupo Casa Paco 81 abre as inscricións para a nova tempada de fútbol base

casa paco

O Grupo Casa Paco 81 ten abertas as inscricións para a nova tempada. A entidade ofrece prazas para tres categorías e abarca nenos e nenas nacidos entre o 2022 e o 2027. As familias interesadas poden realizar a inscrición a través do código QR que figura no cartel informativo ou solicitar máis información nos teléfonos 663 507 292 e 677 544 508.

Para os nenos e nenas nacidos en 2021 e 2022, está dispoñible a modalidade de biberón, con actividade de fútbol sala. Para os nacidos en 2019 e 2020, o prebenxamín combina fútbol sala e fútbol 8 no Grupo Casa Paco 81. Pola súa banda, a categoría benxamín, destinada aos nacidos en 2017 e 2018, contará con fútbol sala no Casa Paco e fútbol 8 en colaboración co CD Choco, segundo o novo acordo anunciado pola organización.

Baixo o lema “Deporte, convivencia e amizade”, o Grupo Casa Paco 81 aposta así por seguir ofrecendo aos máis novos un espazo para practicar deporte, aprender e medrar en equipo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará