O peirao de Arcade acolle esta fin de semana a XXX Concentración do Club 600 Arcade, unha cita xa consolidada para os afeccionados aos vehículos clásicos e, en especial, ao emblemático Seat 600. O evento celebrarase os días 8 e 9 de agosto con acceso gratuíto e aberto a todo o público.
A programación arrancará o sábado 8 de agosto coa recepción dos vehículos participantes, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Xa o sábado 9, os asistentes poderán visitar a exposición de coches en dúas quendas: de 10:00 a 11:30 horas e de 14:00 a 17:00 horas.
Propietarios, coleccionistas e visitantes terán a oportunidade de contemplar de preto estes vehículos históricos e compartir unha xornada dedicada ao automobilismo clásico. A actividade é de balde e está dirixida ao público xeral.












