Hoxe é Venres 7 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mexillón será o gran protagonista da fin de semana en Chapela

528075311_1347572204039262_7636660715135618681_n

Fotos de 2025

O paseo marítimo de Chapela acolle durante toda a fin de semana unha das citas gastronómicas máis consolidadas do verán na parroquia. A Festa do Mexillón abrirá as súas portas o sábado de 12.00 a 00.00 horas e continuará o domingo entre as 12.00 e as 22.00 horas, cun programa que combinará gastronomía e animación musical.

Os asistentes poderán degustar mexillón ao vapor e en vinagreta, ademais de empanadas e outros produtos. O sábado, a partir das 21.30 horas, haberá actuación musical para completar a xornada cun DJ, mentres que o domingo a oferta ampliarase coa cun pulpeiro a prezos populares.

A organización prevé empregar uns 2.000 quilos de mexillón durante os dous días. Deles, aproximadamente 1.500 quilos destinaranse ás racións ao vapor, a preparación máis demandada polo público, mentres que o resto utilizarase para a elaboración das empanadas e do mexillón en vinagreta.

Emilio destaca tamén o esforzo que supón preparar un evento destas características. Ao redor de vinte persoas, entre membros da directiva, familiares e colaboradores voluntarios, participarán na organización para atender a barra, preparar a comida e coordinar o funcionamento da festa.

A cita atrae cada ano máis visitantes chegados de fóra de Chapela e mesmo peregrinos que percorren o Camiño. O presidente do colectivo atribúe este incremento á difusión a través das redes sociais e ao feito de que moitos asistentes repiten tras coñecer a festa en edicións anteriores.

A pesar do incremento dos custos, especialmente polo encarecemento do combustible e das dificultades que sufriron este ano as bateas, que repercutiron no sector mexilloeiro, a organización decid

iu manter os mesmos prezos da pasada edición para seguir ofrecendo unha festa popular e accesible.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará