Hoxe é Xoves 6 de Agosto de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O campamento municipal de conciliación continúa en agosto con visitas e actividades educativas

Campamento.Visita.Policia.Participación.2

Foto de Digna Rivas e Rita perez na visita do equipo de Participación Cidadá da Policía Nacional da comisaría Vigo-Redondela

O Concello ofrece este verán un total de 480 prazas e amplía por primeira vez o servizo ao mes de agosto para facilitar a conciliación das familias

O Programa Municipal de Conciliación de Verán do Concello de Redondela continúa durante o mes de agosto despois de pechar o primeiro tramo da campaña cun balance positivo. Centos de nenos e nenas de entre 3 e 12 anos participan nestes campamentos, que se desenvolven tanto no casco urbano como nas diferentes parroquias co obxectivo de ofrecer ás familias un recurso de conciliación durante as vacacións escolares.

A principal novidade deste verán é a ampliación do servizo ao mes de agosto. Ata agora, os campamentos municipais desenvolvíanse unicamente durante xullo, pero o Goberno local decidiu estender a programación para dar resposta á demanda das familias. Esta medida supón a creación de 180 prazas adicionais, elevando a oferta total ata as 480 prazas ao longo do verán.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que estes campamentos proporcionan “un espazo de lecer seguro, educativo e de calidade para os nenos e nenas do municipio durante as vacacións escolares”. A rexedora subliña tamén que o Concello aposta por achegar este servizo a todo o municipio, “tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”.

Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, destaca que o programa contribúe a mellorar a conciliación da vida familiar e laboral ao tempo que ofrece á rapazada actividades lúdicas e educativas adaptadas á súa idade.

Durante estas semanas, os participantes tamén reciben visitas de distintos servizos públicos. Unha das máis destacadas foi a do equipo de Participación Cidadá da Policía Nacional da comisaría Vigo-Redondela. Os axentes impartiron charlas sobre prevención do acoso escolar e seguridade, ademais de amosar aos nenos e nenas os vehículos policiais, as sirenas e parte do equipamento que empregan no seu traballo diario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará