Hoxe é Luns 27 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O futuro parque empresarial da Montesiña avanza coa aprobación inicial do proxecto

ecoparque empresarial

O Concello de Soutomaior asina a aprobacion inicial do proxecto do Ecoparque Empresarial da Montesiña, unha infraestrutura que pretende converterse nun dos principais motores de desenvolvemento económico do municipio. O parque empresarial, redactado polo estudo Óptima S.L. baixo a dirección do arquitecto e urbanista Xabier Rivas Barreiro, permitirá a implantación de máis de 60 pequenas e medianas empresas, dando resposta á demanda de solo industrial existente na zona.

O futuro ecoparque contará con parcelas destinadas á construción de naves para empresas dos sectores industrial, comercial e de servizos, combinadas con amplas zonas verdes, espazos públicos e itinerarios peonís. Segundo o proxecto, o obxectivo é crear un espazo moderno e sostible, integrado na paisaxe e compatible coa calidade de vida da veciñanza, favorecendo o crecemento económico sen un incremento significativo do tráfico pesado.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, cualificou a aprobación inicial como “un paso de xigante para o futuro do noso concello” e destacou que a iniciativa permitirá reter empresas e investimento no municipio. O goberno local considera o Ecoparque Empresarial da Montesiña un dos proxectos estratéxicos do mandato, coa intención de fortalecer a economía local, atraer novas iniciativas empresariais e impulsar a creación de emprego na comarca.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará