Hoxe é Luns 13 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén organiza unha charla divulgativa sobre a próxima eclipse solar

eclipse pazos

O Concello de Pazos de Borbén celebrará o vindeiro sábado 18 de xullo, ás 18:00 horas, unha charla informativa dedicada a eclipse solar, un dos fenómenos astronómicos máis destacados dos últimos anos que terá lugar o vindeiro 12 de agosto. A actividade terá lugar no Auditorio municipal, é de balde e está dirixida a todos os públicos.

A sesión será impartida por Mari, Enma e Daniel, que explicarán dun xeito sinxelo e divulgativo como se produce unha eclipse solar, que aspectos poderán observar as persoas asistentes e cales son as recomendacións básicas para contemplar este fenómeno con total seguridade.

A iniciativa pretende achegar a astronomía á cidadanía e ofrecer información rigorosa que permita gozar deste acontecemento sen riscos, incidindo especialmente na importancia de empregar sistemas de observación homologados e de evitar mirar directamente ao Sol sen a protección axeitada.

Como complemento á charla, a organización porá á disposición das persoas asistentes varios telescopios para realizar unha observación do ceo e coñecer de primeira man o funcionamento deste tipo de instrumentos. Esta actividade práctica permitirá que tanto pequenos como maiores se acheguen á astronomía dunha forma participativa.

Desde o Concello de Pazos de Borbén animan á veciñanza a participar nesta proposta, que combina divulgación científica e observación astronómica nunha tarde pensada para aprender, compartir coñecementos e prepararse para vivir con seguridade un dos eventos astronómicos máis esperados dos últimos anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará