Hoxe é Luns 13 de Xullo de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 90 familias únense en Redondela para crear un novo club de baloncesto

baloncesto

Baixo o nome Escola de baloncesto Illa de San Simón, a nova entidade bota a andar tras lograr máis de 90 preinscricións o que lles permitirá configurar varios equipos en diferentes categorías. Os seus promotores recoñecen que o ideal sería contar cun baloncesto unido en Redondela pero que “as diferenzas no xeito de entender o funcionamento dun club deportivo leváronnos a dar este paso e construír un proxecto novo”. Solicitan ao concello axuda para atopar unas instalación deportivas “acordes co número de fichas”.

A Escola de Baloncesto Illa de San Simón comeza a dar os seus primeiros pasos en Redondela coa intención de ofrecer unha nova alternativa para a práctica do baloncesto no municipio. Este proxecto nace impulsado por un grupo de familias, adestradores/as e persoas vencelladas ao baloncesto que, tras moitas semanas de reflexión e traballo, decidiron poñer en marcha unha iniciativa propia baseada nun modelo de club diferente.

Aseguran dende a entidade que “esta non é a situación desexada. O ideal sería contar cun baloncesto unido en Redondela. Porén, as diferenzas no xeito de entender o funcionamento dun club deportivo leváronnos a dar este paso e construír un proxecto novo baseado en catro principios fundamentais: transparencia, participación, corresponsabilidade e mellora continua”.

A resposta inicial, segundo explican, superou as expectativas xa que en menos dunha semana rexistráronse 92 preinscricións, con varios equipos practicamente configurados. A reunión informativa, celebrada esta semana nas instalacións da AVDC A Miñoteira en Ventosela, reuniu preto de 90 persoas, de xeito presencial ou en liña, e nas horas posteriores incrementouse notablemente o número de familias interesadas.

O prazo inicial de preinscrición remata o 13 de xullo pero a Escola deixa as portas abertas para que todas as familias interesadas poidan incorporarse ao proxecto no futuro.

O proxecto conta xa cun equipo de adestradores e adestradoras suficiente para cubrir as diferentes categorías previstas que participaron na creación do proxecto. Nun primeiro momento, comprométense a colaborar incluso adiando a súa remuneración ata que o club conte coa estabilidade económica necesaria.

A dirección deportiva estará encabezada por unha persoa con máis de vinte anos de experiencia no baloncesto provincial. Foi adestrador en Redondela e decidiu sumarse á iniciativa atraído polo seu modelo integral e a confianza nas familias promotoras.

Instalacións

A Escola bota a andar cun espazo provisional que permite poñer en marcha un programa de adestramentos, pero dada a magnitude do proxecto reclaman axuda ao concello para atopar unhas instalacións deportivas acordes co número de fichas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará