Hoxe é Luns 29 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os dous veciños de Chapela repatriados tras o terremoto xa están a salvo en España

WhatsApp Image 2026-06-28 at 12.58.46

Foto do Ministerio de Defensa

Os dous veciños de Chapela que se atopaban en Venezuela cando se produciron os fortes terremotos do pasado 24 de xuño xa se encontran a salvo en España. Formaron parte do primeiro voo de repatriación organizado polo Goberno español, que aterrou este domingo na base aérea de Torrejón de Ardoz (Madrid).

O avión – un A330 do Exército do Aire – partiu o xoves pasado cara a Venezuela para colaborar nas tarefas de axuda tras o seísmo. No voo regresaron 96 persoas de oito nacionalidades diferentes, das cales 76 eran cidadáns españois. A maioría atopábanse de turismo ou de visita no país no momento do terremoto.

Os dous veciños, pai e fillo, atopábanse na zona de La Guaira, unha das máis devastadas. O seu voo comercial de regreso foi cancelado polos graves danos no aeroporto de Maiquetía.Coa chegada a Torrejón de Ardoz, pechan unha experiencia angustiosa e únense aos primeiros repatriados evacuados grazas ao operativo activado pola Embaixada de España e o Ministerio de Defensa.

En Redondela, pola contra, a incerteza, a dor e a impotencia seguen dominando a comunidade venezolana.  Marcel, venezolano afincado no municipio, comparte a dura realidade que viven os seus seres queridos na capital venezolana. O seu relato, cheo de desconcerto e tristeza, reflicte o día a día dun pobo que enfronta non só a traxedia natural, senón tamén as limitacións estruturais e de resposta institucional. “Estou un pouco triste e con moito desconcerto porque non se sabe cantas persoas hai feridas, cantas desaparecidas, cantas morreron”, sinala Marcel.

A súa familia saíu ilesa e poden quedar na casa, pero o edificio no que viven presenta fendas  e gran deterioro. Sen embargo, moitos amigos non tiveron a mesma sorte: “Cóntanme coñecidos que as columnas centrais dos seus edificios cederon e non poden regresar ás súas casas. As autoridades din que non poden entrar”.

A falta de recursos para as tarefas de salvamento é un dos aspectos máis angustiosos pois “non hai máquinas que veñan a remover eses escombros”, explica. Os veciños intentan levantar os restos coas mans, sen ferramentas adecuadas. Non hai equipos de emerxencia suficientes, nin helicópteros da Cruz Vermella, nin camións de bombeiros con escaleiras extensibles. “As autoridades de emerxencia da capital ou nacional non están presentes desde hai anos”, lamenta.

Malia isto, comezan a chegar axudas internacionais de países como El Salvador, España, Arxentina, Colombia e os Estados Unidos, centradas en salvamento e emerxencias. Mentres, moitos afectados optan por refuxiarse en casas de familiares ou marchar ao interior do país. “Estamos nós sos”.

Tamén denuncia problemas agravados pola emerxencia: falta de luz eléctrica, que deixou caídas as plataformas bancarias e impide a comunicación. “A xente necesita auga, a xente necesita luz para comunicarse”. Marcel destaca a dificultade de axudar desde a distancia: “Estou a moitos quilómetros da miña terra pero a dor case é a mesma”.

traxedia súmase á situación previa do país, con infraestruturas envellecidas e recursos limitados para resposta inmediata. As tarefas de rescate avanzan con dificultade entre os escombros.  Desde Redondela, a comunidade venezolana segue con preocupación a evolución dos acontecementos e manifesta a súa solidariedade.

Venezuela eleva a cifra provisional de mortos polo dobre terremoto a 1.450 persoas. Os españois falecidos ascenden a 17 e hai 138 desaparecidos con 12 xa localizados baixo os entullos. Nas redes sociais multiplícanse os chamamentos para doar roupa, alimentos e medicamentos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará