Hoxe é Venres 26 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sôber e Los Suaves encabezan o cartel da primeira edición do Amoedo Rock

sôber

A finca da Casa Cultural de Amoedo acolle este sábado 27 unha xornada musical intensa da man da Comunidade de Montes da parroquia. A cita, que nace coa vocación de consolidarse como unha referencia cultural no municipio de Pazos, ofrecerá á veciñanza un cartel de primeiro nivel coas actuacións de Ciclonautas, La Gripe y Tú e Sôber, programa ao que se vén de sumar o grupo Los Suaves. Trátase da primeira gran proposta dunha programación cultural que se estenderá durante os vindeiros meses e que incluirá actuacións de Luís Zahera, Nena Daconte, Efecto Mariposa, Cómplices, Amistades Peligrosas ou OBK, entre outros.

A iniciativa forma parte da aposta da Comunidade de Montes por dinamizar a vida social e cultural da parroquia, reforzar os vínculos veciñais e proxectar o nome de Amoedo máis aló das súas fronteiras. Un labor que vai moito máis alá da xestión forestal e que se viu reforzado coa posta en marcha da Casa Cultural, un espazo renovado que combina actividades de lecer, lectura e gastronomía. Miguel Míguez, dende a presidencia da comunidade, falábanos dos obxectivos da agrupación

A primeria gran cita do verán será este sábado co Amoedo Rock. A programación musical comezará ás 19:30 horas coa actuación de Ciclonautas, grupo liderado polo músico arxentino Mariano “Mai” Medina, Ciclonautas naceu en 2012 e consolidou unha identidade propia combinando hard rock, stoner e rock urbano cun son contundente e letras cargadas de personalidade.

A continuación será a quenda de La Gripe y Tú, formación que mantén vivo o legado musical de Platero y Tú, un dos grupos máis influentes do rock español dos anos noventa. Integrada por algún  dos músicos que formaron parte da histórica banda bilbaína, a formación recupera sobre os escenarios algunhas das cancións máis emblemáticas do seu repertorio.

Un cartel que inclúe tamén aos madrileños de Sôber, unha das bandas máis importantes e recoñecidas do rock alternativo e metal melódico en España e que está previsto que actúen entre as 22:30 horas e a medianoite. Liderada polos irmáns Escobedo, a formación construíu unha carreira sólida grazas a discos de referencia e a temas que se converteron en auténticos himnos para os seus seguidores.

Como novidade de última hora, a organización confirmou tamén a presenza de Los Suaves, unha das formacións máis icónicas da historia do rock galego.

As entradas anticipadas teñen un prezo de 25 euros máis gastos de xestión, mentres que o acceso na billeteira custará 30 euros. Os billetes poden adquirirse de maneira anticipada a través da plataforma GaliTicket. Algo que non Terán que facer a veciñanza de Amoedo, a quen se lles entregou unha entrada gratuíta para que poidan disfrutar do evento.

O Amoedo Rock nace coa intención de achegar grandes eventos culturais a Pazos de Borbén e de crear un espazo de encontro para públicos de todas as idades. Desde a organización destacan que se trata dun concerto pensado para ser desfrutado tanto por familias como por grupos de amigos, apostando por unha oferta cultural aberta e accesible para toda a veciñanza.

De cara as vindeiras semanas a programación completarase con monólogos de Luís Zahera (22 agosto) e concertos de Amistades peligrosas e Cómplices o 31 de xullo, Nena Daconte e Efecto Mariposa o 8 agosto, OBK (19 de setembro) e diferentes DJs que se achegarán tamén a Casa da Cultura.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará