O Centro Cultural da parroquia celebra este sábado 27 de xuño, a partir das 20:00 horas, unha nova edición da súa tradicional Noite de Sardiñas. O programa inclúe unha sardiñada, actuacións de grupos de música e baile tradicional e unha sesión de DJ para pechar a xornada.
Durante a velada, os asistentes Centro Cultural poderán gozar de sardiñas, pan, viño e auga de balde, nun ambiente pensado para fomentar a convivencia, manter vivas as tradicións populares e fortalecer os lazos entre a veciñanza.
A programación contará coa participación das Panderetas Follas Verdes de Vilar de Infesta, o grupo de gaitas O Carballo das Cen Polas (Reboreda), a Orquestra de Saxos de Redondela, o grupo de gaitas Aluarado de Vilar de Infesta e o Grupo de Baile Falcatruada de Vilar de Infesta, que encherán de música e folclore a noite. A partir das 22:30 horas, a celebración continuará cunha sesión DJ.
A Noite de Sardiñas e Tradición consolídase así como unha das actividades do Centro Cultural de Vilar de Infesta no último fin de semana de xuño, reunindo cada ano a numerosos veciños e veciñas arredor dunha das tradicións máis queridas do verán galego.










