Hoxe é Venres 26 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espaço Vivo celebra o seu V aniversario

WhatsApp Image 2026-06-26 at 10.48.37

Imaxe de arquivo de Espaço Vivo

O Espaço Vivo, proxecto que combina cultura, agroecoloxía, gastronomía vegá e compromiso social, cumpre cinco anos de vida e prepara unha programación especial para este verán. 

Este sábado 27 de xuño, ás 21:00 h, o Espaço Vivo acollerá o espectáculo “Nosotras”, unha proposta de poesía e música a cargo de Pili Campos e Miriam Sandoval. Trátase dunha emotiva homenaxe ao cantautor Rafael Amor, figura moi vinculada a Galicia e compañeiro de Pili Campos, quen guiará a narrativa do espectáculo. Miriam Sandoval, recoñecida cantante da canción de autora, completará o dúo nunha velada íntima e cargada de sensibilidade.

Como é habitual no Espaço Vivo, o espectáculo irá seguido dunha cea vegana elaborada con produtos frescos da súa horta ecolóxica. “Non somos só un espazo cultural, a nosa razón de ser é a agricultura. Estes eventos complementan a actividade e permiten compartir mesa cos artistas nun formato moi diferente e íntimo”, explica Serxio Crespo. As prazas son limitadas e requiren reserva previa a través do teléfono 622 193 026 ou no correo artenaleiragz@gmail.com.

Programación especial do V aniversario (xullo)

O cumio das celebracións chegará o sábado 11 de xullo co concerto de Sun Iou , banda galega de gran formato coa que Espaço Vivo mantén un vínculo emocional especial. “Estamos andando dous metros por riba do chan. Vai ser unha gran festa”, sinala Serxio.

A programación continuará o venres 17 de xullo con Claudio H., cantautor consolidado con máis dunha decena de discos, que actuará en formato íntimo de guitarra e voz. E o sábado 25 de xullo será a quenda de Salvador Amor, fillo de Rafael Amor, artista con máis de 15 discos editados, gran sensibilidade e un claro compromiso social que conecta perfectamente coa filosofía do proxecto.

Unha cea inspirada na horta e na tempada

A gastronomía do Espaço Vivo adapta os menús ao ritmo da natureza. Nestes momentos están a traballar con ingredientes que funcionan moi ben en receitas de inspiración asiática, como a folla de wasabi, entre outros produtos en óptimo punto de maduración.

“Hai moitísimo traballo detrás. Apostamos por un proxecto de economía circular viable e sostible. É cuestión de resistencia e de adaptarse á realidade, aínda que ás veces iso signifique non poder ofrecer todo ao prezo que nos gustaría”.

Toda a información está dispoñible nas súas redes sociais e na web www.artenaleira.gal.

Impulsoras de Espaço Vivo
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará