Hoxe é Luns 22 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

CD Soutomaior culmina o ascenso

WhatsApp Image 2026-06-08 at 14.04.53

Foto de arquivo

Este domingo puxéronse o punto e final aos play-off de ascenso nas distintas categorías do fútbol local.

O gran triunfador foi o C.D. Soutomaior, que certificou o seu ascenso a Primeira Futgal tras superar ao S.D. Romay na final da promoción. Despois de dar un paso decisivo no encontro de ida, no que se impuxera por 1-2 a domicilio, o conxunto rematou o traballo esta fin de semana cunha vitoria por 1-0 no Campo do Campo Graciano Padín, selando así o salto de categoría.

Non correu a mesma sorte o Chapela CF. O conxunto berete chegaba á volta da final do play-off de ascenso a Segunda Futgal coa ilusión de culminar unha gran promoción e coa vantaxe do 3-1 conseguido no encontro de ida fronte ao AD Lavadores. Porén, no decisivo partido disputado no campo Meixoeiro, os vigueses lograron remontar a eliminatoria e impuxéronse por 3-1, deixando ao Chapela CF ás portas do ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará