Hoxe é Luns 22 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabeiro celebra tres días de festa polo San Xoán

san xoán cabeiro

A parroquia de Cabeiro celebra os días 23, 24 e 25 de xuño as súas festas patronais que nesta edición contan co aliciente do festivo do día de San Xoán. Unha celebración que contará coa tradicional fogueira e sardiñada, verbenas e gastronomía.

A programación arrancará este martes cunha gran sardiñada a partir das nove da noite amenizada pola música da charanga SGAE e a tradicional fogueira que se prenderá na  medianoite. Haberá tamén fogos artificiais, verbena a cargo da orquestra Ritmo Joven e sesión DJ de madrugada. Unha programación da que nos deixaba máis datos Raquel Blanco dende a comisión de festas.

O mércores a festa arrancará ás dez da mañá con pasarrúas e concerto da Banda de Música Municipal de Redondela. Os actos relixiosos terán lugar a unha do mediodía e haberá sesión vermú con pulpeiros e música. Pola tarde disputarase o trofeo de petanca da parroquia e a partir das dez da noite a orquestra Tango porá ritmo a verbena nocturna.

A festa continuará o xoves 25, con pasarrúas a partir das onde coa Agrupación Musical Redondela e misa ás 13:00 horas. Ao rematar haberá sesión vermú e polbeiro acompañados polo concerto da agrupación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará