Hoxe é Martes 9 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela conquista o Campionato Galego e clasifica dúas traiñeiras para o Nacional

717215825_1612278594236752_5489643696981869488_n

Fotos de MAChremo

Chapela foi a gran protagonista do Campionato Galego de traiñeiras disputado este domingo na baía do Con, en Moaña. A traiñeira absoluta masculina do club de Chapela impúxose na regata por diante de Cabo da Cruz e Ares, acadando ademais unha das dúas prazas para o Campionato de España que se celebrará a próxima fin de semana no porto de Meira. Este triunfo confirma o bo momento da embarcación, que o vindeiro 28 de xuño debutará na ACT, a máxima competición estatal de traiñeiras.

O éxito de Chapela completouse na categoría feminina, onde a súa traiñeira rematou en segunda posición, só superada por Perillo, asegurando tamén a clasificación para o Nacional. Deste xeito, o club estará representado tanto na categoría masculina como na feminina no Campionato de España.

Na competición de veteranos, pola súa banda, a vitoria masculina foi para Meira, con máis de dez segundos de vantaxe sobre Chapela, mentres que Vila de Cangas gañou en veteranas e Esteirana fíxose coa bandeira na categoría mixta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará