Hoxe é Mércores 3 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica recortes en partidas de Cultura e deportes por valor de 50.000 euros para financiar as festas

pp

Os populares aseguran que a alcaldesa, Digna Rivas, vén de aprobar unha transferencia de 50.000 máis para festexos a costa de reducir en 25.000 euros os investimentos en museos e infraestruturas culturais e outros tantos en instalacións deportivas. Critican que as festas se financien reducindo a “pírrica partida de Cultura e a de instalacións deportivas, que dan auténtica pena”.

O grupo municipal do PP de Redondela vén de denunciar a aplicación de recurtes por parte do goberno de Digna Rivas nas áreas de Cultura e Deportes, malia que xa contan con contías totalmente insuficientes, para incrementar a partida de Festas nunha medida que calificaron de “populista” e que cren que atenta contra o interese xeral dos veciños.

Os populares revelaron que a alcaldesa vén de aprobar, vía resolución e con data de hoxe, unha transferencia de crédito de 50.000 euros a prol da partida de Festas e Festexos por insuficiencia económica da mesma, o que ao seu entender “confirma a mala xestión económica e a dilapidación dos fondos da mesma por carecer de cartos cando aínda non se alcanzou a metade do exercicio”.

Para acadar ese diñeiro para celebracións, a rexedora socialista optou por formalizar esta modificación de crédito baixo o formato de transferencia reducindo en 25.000 euros os cartos destinados a museos e outros investimentos en infraestruturas culturais e baixando tamén no mesmo importe a partida para instalacións e melloras deportivas.

Ante esta situación, o vicevoceiro do PP redondelán, Iván Crespo, anunciou que pedirán explicacións no próximo pleno, tanto para coñecer as supostas necesidades en materia de festas que motivaron este incremento orzamentario como a situación na que queda esta partida para afrontar o resto do ano. Así mesmo, tamén se interesará por coñecer con exactitude os recurtes en Cultura e Deportes e que se dean a coñecer as actuacións, melloras ou actividades previstas que non se levarán a cabo nestas dúas áreas fundamentais para os veciños.

“No PP cremos firmemente nas nosas festas e tradicións e na necesidade de mantelas e celebralas do mellor xeito, polo que defendemos que se lles adique o maior diñeiro posible, pero desde logo non consentimos que se faga a costa doutras áreas estratéxicas. Non se pode reducir máis a partida de Cultura, porque xa se sitúa entre pírrica e inexistente, e tampouco se poden quitar cartos das instalacións deportivas, porque dan auténtica pena”, concluíu Crespo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará