Hoxe é Martes 2 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Baloncesto Redondela proclamouse subcampión de Galicia de Minibasket Feminino

WhatsApp-Image-2026-06-02-at-13.21.42-4

O equipo Congelados Maravilla do Club de Baloncesto Redondela proclamouse subcampión de Galicia de 2ª División Minibasket Feminino tras unha magnífica actuación na fase final disputada na Estrada. As xogadoras redondelás remataron nunha meritoria segunda posición nun torneo no que participaron os mellores conxuntos da categoría de toda Galicia.

O Colexio Mariano de Viogo proclamouse finalmente campión tras vencer na final, pero o Congelados Maravilla deixou unha boa impresión tanto polo seu xogo como polos valores que transmitiu durante toda a competición.

Desde a directiva do club destacaron especialmente o criterio seguido na final: todas as xogadoras participaron, tanto as máis experimentadas como as que levan menos tempo no equipo. “Foi unha final moi intensa e importante. Tomamos riscos a nivel deportivo e decidimos que xogaran todas, tanto as que levan máis tempo como as que levan menos, porque iso forma parte dos valores do club, xunto co respecto e o bo comportamento”, explicaron.

A afección tamén foi protagonista. Houbo moita presenza de seguidores nas bancadas, o que o club agradeceu publicamente. Para motivar ás xogadoras antes da gran final, os adestradores prepararon un vídeo emocional e épico resumindo todo o camiño realizado durante a tempada.

Ademais, puxéronlles un audio dunha entrevista á exxogadora internacional Amaya Valdemoro para reforzar a motivación e poñer en valor o deporte feminino.

Non faltou o toque de humor e enerxía: o equipo levou a súa mascota gorilla de dous metros que animou tanto ás xogadoras como á afección durante os encontros.

Dende o club manifestaron a súa fonda satisfacción polo logro: “Parabéns a todas as xogadoras e ao corpo técnico por este éxito. O futuro do baloncesto feminino en Redondela está máis que asegurado. A seguir medrando e gozando do camiño”.

Cedido polo Club de Baloncesto de Redondela.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará