Hoxe é Martes 12 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propietarios de terreos en Reboreda poden pedir ao Seaga a limpeza das súas leiras con tarifa reducida

desbrozar

A parroquia de Reboreda foi incluída no PLADIGA como zona prioritaria, permitindo aos propietarios contratar a roza coa empresa pública a unha tarifa reducida desde os 420 euros por hectárea. As faixas de xestión de biomasa (50 metros arredor das vivendas) deben estar limpas antes do 31 de maio para evitar sancións e garantir a seguridade.

A Xunta de Galicia incluíu Reboreda como parroquia prioritaria dentro do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (PLADIGA). Isto tradúcese en que os titulares de terreos en Reboreda que estean situados na faixa secundaria de xestión de biomasa (50 metros arredor de vivendas e núcleos de poboación) poden solicitar o servizo de roza e limpeza á empresa pública SEAGA.
A medida, segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, busca facilitar o cumprimento da normativa de prevención de incendios, que establece a obriga dos propietarios de ter as leiras limpas antes do 31 de maio, data na que darán comezo as inspeccións técnicas nas faixas secundarias.

O convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Redondela permite aos particulares adherirse a este servizo, ofrecendo SEAGA unha tarifa bonificada desde 420 euros por hectárea.

A priorización de Reboreda responde a criterios técnicos do PLADIGA, que pon o foco en zonas con especial necesidade de xestión de biomasa para garantir a seguridade da poboación ante o risco de incendios forestais logo dos incendios que nos útlimso anos afectaron a esta parroquia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará