Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco complica a salvación tras a derrota ante o Villalonga

WhatsApp Image 2026-05-11 at 20.23.57

Imaxe de archivo de Xeila Fervenza

Catergoría Preferente

C.D. CHOCO   – VILLALONGA F.C.  (1-5)

O C.D. Choco sufriu unha derrota dura no seu feudo ante o Villalonga F.C. por 1-5. O único tanto dos locais foi obra de Pablo no minuto 13. Malia comezar con bo pé, os redondeláns non puideron manter o nivel e caeron con claridade ante un rival que soubo aproveitar os seus erros.

Álvaro Soto (adestrador) analizou o partido con franqueza: “O sábado empezamos moi ben os primeiros trinta minutos. Creo que fomos superiores, marcamos o gol e tivemos máis o balón”. No momento da expulsión de Manuel Bugallo con tarxeta vermella seguían con vantaxe, pero “todo o que parecía que podería levarnos á vitoria deu a volta”.

O rival, cun xogador menos, foi superior e despois do descanso xa ían perdendo 2-1 por dous erros en balón parado. “É un golpe duro”, recoñeceu o técnico que intenta motivar aos xogadores nun momento anímico complicado.

Con esta derrota, o Choco mantense con 33 puntos na 14ª posición e dependerá da última xornada para conseguir a permanencia. Visitará o Atlético Arnoia, sexto clasificado, coa obriga de sumar os tres puntos.“Quedamos a expensas do que poidan facer os demais e temos que ir a Arnoia a sacar os tres puntos”, explicou Álvaro Soto. Os redondeláns terán que pelexar oara evitar o descenso directo e confiar nun posible ascenso dalgún galego a 2ºRFEF para esquivar tamén o arrastre.

Na Primeira Futgal

C.D. ARCADE  –  SAN MARTIN C.F.  (2-2)

 O C.D. Arcade empatou 2-2 na casa ante o San Martín C.F.. Os goles locais foron de Paulo Victor, no desconto da primeira metade, e de Hugo no minuto 85. O Arcade continúa oitavo na clasificación e afrontará o derradeiro encontro da liga como visitante ante o AT. Cuntis C.F., coa permanencia practicamente asegurada.

Segunda Futgal

C.D. SOUTOMAIOR  –  A LAMA S.D.  (2-1)

O C.D. Soutomaior logrou unha importante vitoria por 2-1 fronte á A Lama S.D.. Luis Felipe e Jose Carlos marcaron os goles dun triunfo que afianza ao equipo no cuarto posto e en plena zona de play-off. O peche de liga será de máxima esixencia no campo do Atlético Combarro, segundo clasificado e aspirante ao ascenso directo.

Terceira Galicia, grupo Vigo

ATLETICO VILLAR  – ALERTA SANGUIÑEDA  (4-0)

O Atlético Villar goleou 4-0 ao Alerta Sanguñeda e continúa celebrando un ascenso xa asegurado desde hai varias semanas. Juan José, con dous tantos, ademais de Antonio e Miguel, certificaron unha nova exhibición do líder, que suma 76 puntos. O último partido da tempada será como visitante ante o Racing Castrelos F.C. “B”.

ATLANTIDA MATAMA “B” –   CHAPELA C.F.  (2-3)

O Chapela C.F. venceu por 2-3 ao Atlántida Matamá B. Pedro e Antoni, este último con dous goles, lideraron un triunfo que coloca ao Chapela terceiro con 61 puntos e en postos de play-off. Restan dous encontros para finalizar a competición: na casa ante o Celta Academy B e posteriormente a domicilio contra o C.D. La Guía, segundo clasificado.

Terceira Galicia, grupo Pontevedra

FIGUEIRIDO C.F.   – C.D. CESANTES  (2-5)

Finalmente, na Terceira Galicia grupo Pontevedra, o C.D. Cesantes pechou a liga cun triunfo por 2-5 no campo do Figueirido C.F.. A vitoria permite ao Cesantes rematar a tempada no segundo posto con 63 puntos e asegurar a súa presenza na fase de play-off.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará