Hoxe é Venres 12 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece o tripulante dunha embarcación de recreo tras caer ao mar en Chapela

helicoptero

Un home veciño de Vigo de 79 anos de idade perdeu a vida este luns na ría de Vigo despois de caer ao mar desde a súa embarcación de recreo, que continuou navegando sen control ata embarrancar na praia de Arealonga, en Chapela, no concello de Redondela. Segundo informa o 112 foi un helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia o que localizou á vítima no mar.

O suceso produciuse pouco antes das 18.00 horas, cando varios particulares alertaron ao 112 Galicia tras observar unha lancha golpeándose contra as bateas situadas fronte ao peirao de Chapela.

A embarcación circulaba aparentemente sen patrón e co motor en marcha. Segundo as primeiras hipóteses, o seu ocupante caería ao mar por causas que aínda se investigan -posiblemente tras colidir contra unha batea- mentres a lancha continuaba avanzando sen rumbo. Era o único ocupante da barca deportiva que quedou a deriva dando voltar antes de terminar varada na praia de Arealonga.

O operativo mobilizou numerosos medios de emerxencia. O 112 Galicia deu aviso a Salvamento Marítimo, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Garda Civil, á Policía Nacional e Local, aos Bombeiros do Baixo Miño, a Protección Civil e ao persoal sanitario do 061. Tamén foi informada a Autoridade Portuaria de Vigo.

Foi o helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas quen localizou desde o aire o corpo da vítima, que se atopaba semiafundido no mar. Posteriormente, efectivos do grupo acuático da Garda Civil recuperaron o cadáver.

Durante o dispositivo tamén foi localizado outro tripulante dunha embarcación que se desprazara ata a zona tras presenciar o accidente. Esta persoa atopábase en bo estado.

As circunstancias exactas do sinistro permanecen baixo investigación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará