Hoxe é Mércores 6 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos de Borbén FS suma un ano máis en Terceira División Nacional

687026975_1661907761645115_6412333113261364836_n

O Pazos de Borbén FS conseguiu o obxectivo da permanencia en Terceira División Nacional. No último partido da liga conseguiron unha sólida vitoria contra o Friol FS por 7-3. O equipo, xa consolidado na categoría, pecha a tempada no oitavo posto. Este curso estivo marcado pola irregularidade nos resultados, aínda que finalmente conseguiron rematar nunha posición cómoda na clasificación.

O encontro non comezou doado para os locais. Sabedores da importancia de sumar os tres puntos, os vermellos saíron decididos desde o inicio, aínda que se atoparon cun conxunto lucense serio e ben organizado. O Friol adiantouse no marcador e mantívose con opcións ata ben entrada a segunda metade, complicando o partido máis do previsto.

Co paso dos minutos, o Pazos de Borbén foi impoñendo o seu ritmo e eficacia ofensiva. Os goles de Costas (2), Jacobo (2), Diego, Luis e Martín acabaron por decantar o marcador e certificar unha vitoria clave para selar a permanencia.

Máis aló do resultado, a xornada quedará para o recordo polo espectacular ambiente vivido. A afección respondeu unha vez máis, enchendo a bancada de vermello desde primeiras horas do día. O apoio constante empurrou ao equipo nun partido decisivo e contribuíu á celebración.

Categoría Preferente

CAMPITO CHAPELA F.S.  – BAÍÑA F.S. (6-2)

O Campito FS tamén rematou a tempada con vitoria na Preferente. Graias ao 6-2 contra o Baíña na casa conseguiron situarse no posto 11 da clasificación con 35 puntos.

C.D. BEADE –  S.D. PAZOS DE BORBEN FS “B”   (1-1)

Tras este empate como visitantes o filial do Pazos de Borbén remata a liga no posto 12 da clasificación con 30 puntos. 

A pesar de manterse fóra dos postos de descenso directo, ambos conxuntos atópanse nunha situación delicada. A día de hoxe, poderían verse afectados polos posibles descensos en cadea procedentes de categorías superiores. A súa permanencia dependerá, en boa medida, do que aconteza nos play-offs de Terceira División: un ascenso galego na eliminatoria contra Cantabria permitiríalles asegurar a continuidade na categoría. Polo tanto, haberá que agardar para coñecer o desenlace definitivo.

Primeira Futgal FS

O AREALONGA FS descansou e prepárase para os dous últimos partidos que quedan de tempada en Primeira. O seguinte será contra o Crecentes FS, segundo clasificado. Nestes momentos os de Chapela están no posto 10 da táboa e precisan sumar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará