Hoxe é Luns 4 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela cursa as primeiras denuncias por circular en patinete eléctrico sen seguro

patinete

A Policía Local de Redondela inmobilizou esta fin de semana un patinete en Cesantes. A intervención tivo lugar logo de que se producira un sinistro na mañá do sábado que se saldaba sen feridos pero con danos materiais. Os axentes constataron que o propietario do vehículo carecía de seguro polo que procederon a súa inmobilización permanente ata que non se cumpran os requisitos que esixe a Dirección Xeral de Tráfico.

O regulamento aprobado o pasado mes de xaneiro establece que este tipo de vehículos de mobilidade persoal -patinetes eléctricos- debe circular cun seguro de responsabilidade civil e, no caso de non estaren rexistrados e carecer deste seguro expóñense a diferentes multas.

Así, segundo especifica a DXT e a Lei sobre Responsabilidade Civil, se un vehículo de mobilidade persoal carece de seguro a multa comprende entre os 202 e os 610 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará