Hoxe é Venres 24 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vinte persoas desempregadas formaranse como carpinteiros e xardineiros

obraodior

Redondela pon en marcha o obradoiro “Redondela Natureza” coa participación de 20 persoas que durante nove meses recibirán formación en carpintería e forestal-xardinería-agricultura, con clases teóricas e prácticas. Os participantes teñen un contrato de traballo desde o primeiro día e traballarán na reparación de mobiliario urbano e realización de labores forestais. O Concello realizará o proceso de selección coas persoas preseleccionadas pola oficina de Emprego.

Esta iniciativa, que arrancará o vindeiro mes de xuño, permitirá que 20 persoas en situación de desemprego do municipio accedan a unha formación profesional de calidade combinada co desempeño dun traballo remunerado.

O obradoiro terá unha duración de 9 meses e dividirase en dúas especialidades formativas, con 10 prazas para cada unha. A de Forestal – Xardinería – Agricultura Ecolóxica, centrada en labores forestais, rozas, mantemento de zonas verdes, axardinamentos e produción agrícola; e a de Carpintería, orientada á restauración de mobiliario público e infraestruturas urbanas. As persoas seleccionadas serán contratadas durante 9 meses e percibirán mensualmente o SMI.

As actuacións previstas no obradoiro terán un impacto directo no patrimonio e na paisaxe de Redondela. O equipo de Forestal traballará en zonas estratéxicas como o Monte Penide/Mirallo, o Paseo do Río Pexegueiro, Chapela, o Xardín da Leira da Xunqueira, a Alameda (Xeral Rubín), así como en diversas rotondas de Cabanas, Cedeira ou Vilavella, e na horta de Pousadouro. Pola súa banda, o módulo de Carpintería centrarase na restauración de varandas en paseos e na creación de novo mobiliario público para o disfrute da cidadanía.

O proxecto conta cunha subvención de 454.552,00 euros concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, á que o Concello de Redondela suma unha achega municipal de 47.680,50 euros. En total, o investimento destinado a mellorar a empregabilidade dos veciños e veciñas ascende a 502.232,50 euros.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, destacou a importancia desta nova convocatoria: “A nosa prioridade é dar ferramentas á nosa veciñanza para que poida atopar un emprego estable. Con ‘Redondela Natureza’, non só ofrecemos formación técnica de primeiro nivel en sectores con moita demanda, senón que o facemos cun contrato de traballo desde o primeiro día”. Rivas sinalou tamén o beneficio social do proxecto: “O traballo destes 20 alumnos e alumnas vai reverter directamente no coidado de Redondela. Van embelecer os nosos xardíns, protexer os nosos montes e restaurar elementos públicos, demostrando que o emprego verde é unidos grandes motores de futuro para o noso concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará