Hoxe é Xoves 23 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Da promesa de dous carrís a un “funil” perigoso: indignación na Portela pola ponte de ADIF

ponte portela

Logo de oito meses “incomunicados” polas obras da ponte de ADIF os veciños da Portela denuncian que o vial continúa pechado polos “incumprimentos continuados na finalización dos traballos”. Ao malestar que xa de por si deixa esta demora, súmaselle agora que a obra final é unha “aberración urbanística” con beirarrúas “que non conducen a ningunha parte” e instalación de bloques de formigón nos laterais que estreitan a vía e impiden a circulación de dous vehículos.

A veciñanza denuncia que o que ía ser unha ponte de máis de o metros de ancho quedou reducido a un carril de tan só catro metros pola decisión do ente ferroviario de instalar en cada un dos lados bloques de formigón tipo New Jersey. O resultado é un carril estreito nunha curva en “S” con escasa visibilidade que obriga aos coches a esperar uns polos outros para rebasar este paso.

Eduardo Otero, veciño afectado

A maiores critican a existencia dunha “beirarrúa absurda que non leva a ningures mentres se sacrifica espazo vital para o tráfico” nunha estrada que non ten beirarrúas en ningunha outra parte do trazado.

Reclaman que ADIF solucione esta situación xa que insisten “un carril tan estreito non só é incómodo, tamén é perigoso” Poñen como exemplo que no caso dunha emerxencia se coinciden unha ambulancia e os bombeiros non terían espazo para manobrar. Como solución propoñen substituír o formigón por pretís metálicos o que permitiría gañar case un metro de ancho, e que se elimine unha das beirarrúas.

Os veciños iniciaron unha campaña de recollida de sinaturas para esixir a Adif que acometa os cambios pertinentes que permita converter o actual “funil” nunha ponte segura con dous carrís de circulación. Teñen previsto tamén trasladar esta petición ao pleno do concello e animan á veciñanza a asinar esta petición na farmacia de Cedeira, no bar de Ramona na Portela ou no centro cultural da parroquia.

Como medida de presión valoran tamén a posibilidade de protagonizar cortes de tráfico para que atendan as súas demandas: que se abra a ponte e que se recupere o ancho necesario para que poidan circular dous vehículos.

Un barrio en pé de guerra a consecuencia dunhas obras que deberían mellorar esta estrada pero que ao entender destes veciños empeora a circulación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará