O Redondela F.S. Rodavigo sumou unha vitoria clave fóra de casa que o achega á salvación na Terceira División Nacional, mentres o S.D. Pazos de Borbén FS caeu contra o Carballiño.
TERCEIRA DIVISIÓN NACIONAL
MARIN FUTSAL – REDONDELA F.S. RODAVIGO (7-9)
Na Terceira División Nacional, o Redondela F.S. Rodavigo conseguiu unha victoria clave fóra de casa. Na pista do Marín Futsal – Redesmar “A”, os redondeláns gañaron por 7-9 nun partido moi disputado e con alternativas constantes no marcador. O triunfo achega o equipo un pouco máis á salvación. Na vindeira xornada recibirán ao CD Composala, líder de grupo.
Desde o club sinalaron nas redes: “Importante victoria a domicilio do noso sénior nun partido moi igualado. O equipo reaccionou nos momentos clave. Javi López marcou un gol, Barcala un dobrete e Rolo e Pumu hat-trick cada un. Grazas á Marea Azul polo apoio en Marín”.
CARBALLIÑO F.S. – S.D. PAZOS DE BORBEN FS (7-2)
Pola súa banda, o S.D. Pazos de Borbén FS non puido puntuar na visita ao Carballiño F.S. (segundo clasificado) e caeu por 7-2. A pesar do marcador, o duelo foi máis igualado do que reflicte o resultado e decantouse a favor dos ourensáns ao inicio da segunda metade. Os goles leváronos Martín e Jacobo. Con este revés, o Pazos sitúase décimo na táboa. O vindeiro domingo recibirán ao ADC Lugo Sala B, sexto clasificado.
PREFERENTE
PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS F.S. – CAMPITO CHAPELA F.S. (5-5)
Na Preferente, o Campito Chapela F.S. conseguiu un valioso empate a 5 na pista do Pizarras Los Tres Cuñados F.S. Con este punto sitúanse no undécimo posto. A próxima xornada recibirán ao FS As Neves, pechacancelas da categoría e obrigado a sumar con urxencia.
MARIN FUTSAL “B” – REDONDELA F.S. – RESTAURANTE LEMOS “B” (4-3)
O filial do Redondela F.S. – Restaurante Lemos “B” caeu por 4-3 na pista do Marín Futsal “B”. A derrota déixaos fóra dos play-off de ascenso por agora, aínda que seguen na loita nunha moi boa campaña. No seguinte encontro recibirán ao Cesures F.S., rival directo na táboa.
S.D. PAZOS DE BORBEN FS “B” – INDECISOS F.S. (4-1)
Pola contra, o S.D. Pazos de Borbén FS “B” logrou unha cómoda vitoria por 4-1 fronte ao Indecisos F.S. e prepararase para visitar ao Quinta de Tui F.S.
PRIMEIRA GALICIA
CLUB DEPORTIVO MIRALBA – CAMPITO CHAPELA – CIOS F.S. “B” (3-0)
En Primeira Galicia, o filial do Campito Chapela – Cios F.S. “B” perdeu por 3-0 ante o Club Deportivo Miralba e mantense na zona media da táboa. A vindeira xornada recibirán ao Crecentense F.S., líder de grupo.
AREALONGA FS CHAPELA – IES CORUXO FS “B” (2-1)
Por último, o Arealonga F.S. Chapela sumou a súa segunda vitoria consecutiva ao impoñerse por 2-1 ao IES Coruxo F.S. “B”. Con este triunfo sitúase décimo e mantén opcións de salvar a tempada. O próximo compromiso será a visita ao CD A Paz F.S.









