A cita en Redondela está organizada pola Sala Viguesa de Esgrima Antiga con actividades durante os días 5 e 6 de abril. Trátase do evento con máis participación dos que se teñen celebrado ata o de agora en Galicia xa que se esperan máis de 100 participantes, ademais de mestres e monitores tanto de Galicia como de Portugal que impartirán clases en diferentes modalidades.
A entrada para o público é gratuíta, e os afeccionados poderán gozar de espectaculares exhibicións. A organización recomenda ao público achegarse o sábado a partir das 16.00 horas, que será cando se celebren os combates máis espectaculares, e tamén enfrontamentos simultáneos con máis de 60 esgrimistas en formación armados coas súas espadas e escudos.
Esta é a terceira ocasión na que se organiza este encontró internacional. As dúas anteriores desenvolvéronse en Santiago e Lisboa.









