Hoxe é Martes 29 de Abril de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta en Vilavella pola eliminación de prazas de aparcamento na zona do Salgueiral

salgueiral

Veciños e veciñas concentráronse ás tres da tarde de hoxe no cruce entre Ernestina Otero e o Salgueiral para reclamar a paralización ou reaxuste dunha humanización que aseguran están a provocar problemas na zona. Por unha banda denuncian que as beirarrúas xa construídas teñen demasiada altura e provocan que entre auga en garaxes e comunidades. Con todo, o problema de maior envergadura, segundo explican, é a eliminación de prazas de aparcamento. Estiman que serán unhas cen prazas menos as que se eliminen entre a zona do Salgueiral e a zona verde que se prevé habilitar baixo o viaduto, no coñecido como aparcamento do Froiz.

 “O comercio morre”, tras esa pancarta xuntáronse os veciños do Salgueiral para protestar contra unhas obras de humanización que aseguran non responden ás necesidades da zona “estanse a construír beirarrúas excesivamente anchas e innecesarias que conlevan a eliminación de prazas de estacionamento”.

Unha das afectadas é Verónica Ballesteros, propietaria dunha perruquería na zona quen teme polo futuro do seu negocio “xa teño clientas que me din que coa eliminación dos aparcamentos buscarán outra perruquería”. Insiste en que de non poder recuperar as prazas que xa eliminaron coa ampliación das beirarrúas “polo menos que non eliminen as existentes baixo o viaduto”.

Verónica Ballesteros

Unha opinión que comparte tamén Sonia Carrera quen explica que a eliminación de prazas afecta non só aos negocios senón tamén aos residentes xa que hai moitos edificios que carecen de garaxe. Insisten en que o prioritario é chamar a atención para que se manteña o aparcamento baixo o viaduto.

Sonia Carrera

Insisten en que antes de eliminar prazas deberían crear máis aparcamentos “o disuasorio que se fixo no Convento non é suficiente, sempre está cheo e non é unha alternativa viable para as prazas que se suprimen con esta humanización”.

Unha das persoas directamente afectadas coa eliminación neste caso de prazas de discapacitados é Eva, unha condutora con mobilidade reducida quen explica que suprimiron a praza existente e descoñece se a van repoñer.

Eva

Jorge Cabanelas, veciño tamén da zona recoñece que a obra de humanización si era necesaria pero tampouco entende que se fagan beirarrúas tan amplas que supoñen a eliminación de prazas de aparcamento. Tamén denuncia que as obras están prexudicando a garaxes e comunidades de veciños, xa que se elevou a beirarrúa en exceso “nalgúns casos ata 30 centímetros” o que provoca que a auga entre nos garaxes.

Jorge Cabanelas

Unha protesta que foi máis aló dunha concentración e que provocou un pequeno caos circulatorio ao cruzar constantemente os manifestantes o pasos de peóns impedindo a circulación en torno á rotonda na que arranca a rúa Ernestina Otero.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará