Hoxe é Xoves 6 de Febreiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triunfo para a SAR OPmobility e derrota do BM Chapela na Primeira Autonómica

473537797_1136868801781379_1997541562315391454_n

Foto de Patry Rivas

A última xornada da Primeira Autonómica Masculina deixou unha de cal e outra de area para os equipos de Redondela.

Luceros B 26 – SAR OPmobility 33
A SAR OPmobility acadou unha importante vitoria na súa visita ao Luceros B, cun marcador de 26-33. Dominou o encontro e consolidou a súa posición no terceiro posto da clasificación xeral, con 17 puntos.

Tras un inicio contundente (1-5, min 7), os locais lograron minguar distancias (9-10, min 17), pero os mozos da SAR mantiveron a cabeza fría para chegar ao descanso con vantaxe (13-16, min 30). Na segunda parte, o Luceiros igualou o encontro (19-19, min 38), aproveitando erros na definición dos nosos. Con todo, unha sólida recta final permitiu ao noso equipo despegarse no marcador e selar unha vitoria merecida por 26-33.

Este triunfo mantén viva a loita polos postos altos da táboa.

BM Chapela 22 – Poio Artai 30
O BM Chapela non tivo a mesma sorte, perdero no Pavillón Municipal de Chapela ante o Poio Artai. Cun marcador final de 22-30, os locais non lograron sumar puntos esta xornada. A pesar da derrota, o equipo continúa en cuarta posición, xusto por detrás da SAR OPmobility.

A loita polos primeiros postos segue intensa na Primeira Autonómica Masculina, e os equipos intentarán mellorar o seu rendemento nas próximas xornadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará