Hoxe é Xoves 23 de Xaneiro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Beatriz Queiro recibe o recoñecemento “Orgullo redondelán”

Orgullo Beatriz Queiro

A taekwondista vén de gañar a medalla de bronce no Mundial de Poomsae de Hong Kong na modalidade de parellas na categoría + de 60 anos. A deportista, de 62 anos, recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos a nivel internacional.

A alcaldesa cualificou como todo “un luxo” que este municipio conte con mulleres deportistas “no máis alto nivel do taekwondo mundial” e destacou de Beatriz que é “un exemplo de que non importa a idade, senón os soños e as metas que nos marquemos, porque na vida sempre hai que ter ilusións”.

A taekwodista do Ximnasio Escola Omnihum amosouse “moi ilusionada e contenta” por este recoñecemento por parte do Concello e ta e como xa fixera na Radio Municipal de Redondela confirmou que segue “coa mesma ilusión” que cando comezou neste deporte, hai xa 30 anos, nos que acadou tamén un bronce no Campionato de Europa de Poomsae de 2015 e participou no Campionato Internacional de México en 2014, no que acadou quinto posto. O seu obxectivo é seguir sumando títulos a nivel individual e márcase como obxectivo “conseguir un ouro nun mundial de taekwondo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará