Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reorganización do goberno local trala incorporación de Alberto Álvarez

alberto

O edil tomaba posesión do seu cargo no pleno do pasado xoves en substitución de Pilar Martínez, que abandonara o goberno por motivos de saúde. Álvarez, que regresa a corporación tras ano e medio, levará as áreas de Medio Ambiente, Sanidade, Transición Enerxética, Participación Cidadá e Parroquias. Rita Pérez incrementa as súas competencias e ademais de Persoal, Interior, Cultura e Turismo asume tamén a concellería de Economía e Facenda.

Unha remodelación do goberno que deixa a Antonio Cabaleiro ao fronte das concellerías de Emprego, Transparencia e Novas Tecnoloxías, Mercados, Urbanismo e Patrimonio mentres que a edil Iria Vilaboa continúa como responsable de Servizos Sociais, Igualdade, Servizos Sociocomunitarios e incorpora Maiores e Infancia. Iván Valles mantén as mesmas responsabilidades ao fronte de Deportes, Xuventude, Ensino e Conservatorio. O edil Pedro Villaverde levarás as áreas de Parques e Xardíns, Benestar comunitario e Feiras.

Pola súa banda, o concelleiro de AER, Roberto Villar mantén sen cambios as concellerías de Infraestruturas e Sostibilidade que inclúen Vías e obras, alumeado público, abastecemento de auga e saneamento.

A alcaldesa, Digna Rivas, e o resto de compañeiros e compañeiras deron a benvida a Álvarez que xa formara parte do anterior goberno local. Rivas cualificouno como unha persoa “traballadora e comprometida coa tarefa de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará