Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca Ostreares, un proxecto para recuperar os bancos naturais de ostras na Enseada

proxecto ostreares

A recuperación dos bancos naturais de ostra plana na enseada de San Simón avanza coa posta en marcha do proxecto Ostreares, unha iniciativa que se estenderá até 2027 e que busca restablecer a poboación desta especie na Ría de Vigo. A Consellería do Mar, a través do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), destina máis de 190.000 euros a esta iniciativa, en colaboración coa Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e a Confraría de Arcade.

Ostreares busca fomentar a biodiversidade mariña e revitalizar a actividade marisqueira, para o cal propón unha serie de actuacións estratéxicas para fortalecer os bancos de ostra autóctona, en risco pola sobreexplotación e os cambios ambientais.

Con eses obxectivos, tratarase de obter semente por captación natural e posta inducida e as mariscadoras a pé da propia Confraría de Arcade implicaranse asumindo o mantemento e limpeza das estruturas nas que se introducirán as ostras.

O enfoque científico é fundamental: o proxecto tamén monitorizará os parámetros ambientais e realizará un seguimento epidemiolóxico para entender o comportamento dos reprodutores e garantir a súa recuperación sustentable.

Marta Villaverde, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, destacou na presentación do proxecto a colaboración entre a ciencia e o sector pesqueiro como clave do éxito de Ostreares. Esta cooperación forma parte de Redemar, a rede impulsada pola Xunta que conecta a institucións científicas e entidades pesqueiras para traballar en favor dos ecosistemas mariños de Galicia, con cofinanciación do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (Fempa).

A segunda fase deste proxecto, continuación do PreOSTREARES, non só busca restaurar un recurso ecolóxico clave, senón tamén sentar as bases dunha actividade marisqueira que combine tradición e innovación en beneficio de toda a comunidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará