Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria do Arcade contra o Unión Dena

463793613_882078257361953_4895532964458534283_n

Resultados dispares esta fin de semana no fútbil local. O Choco perdía ante o Rápido de Bouzas e o Soutomaior ante o CD Unión, mentres que o Atlético de Villar empata contra o Pontellas e o Cesantes contra o Figueirido. A alegría da xornada levouna o Arcade cunha vitoria fronte o Unión Dena.

Preferente, grupo 2

CLUB RÁPIDO DE BOUZAS – C.D. CHOCO (2-1)

En Preferente o CD Choco perdía na súa visita ao Club Rápido de Bouzas cun resultado de 2 fronte a 1. Despois desta derrota sitúanse de décimo cuartos na táboa xeral, polo que terán que loitar nas 8 xornadas que quedan na primeira metade da tempada para ahegarse aos postos altos da táboa. O próximo domingo reciben Juv. Cambados, equipo na metade da táboa e a só dous puntos dos de Félix Rial.Unha boa oportunidade de seguir sumando.

Goleador: Alejandro (2’).

Primeira Futgal,  grupo 5

C.D. UNIÓN – C.D. SOUTOMAIOR  (1-0)

Despois da derrota na súa visita ao campo Minicipal de Vilas en Rianxo, sitúanse de décimoterceiros con 9 puntos. A próxima xornada reciben ao Cordeiro CF.

C.D. ARCADE – UNIÓN DENA C.F. (3-0).

O Arcade está facendo moi boa tempada e sitúanse de terceiros na clasificación xeral con 16 puntos e cinco vitorias. A próxima xornada visitan ao UDC Vilaboa, sextos na táboa.

Goleadores: Victor (22’), Fernando (83’) e Islam (87’).

Segunda Galicia, Vigo

C.C. PONTELLAS – C.D. ATLETICO VILLAR (1-1)

O Atlético de Villar manténse na metade da táboa na súa estrea en Segunda, demostrando a súa valía na categoría. Despois do empate contra o Pontellas suma 10 puntos e a próxima xornada reciben ao Caselas F.C. , un equipo forte posicionados de cuartos na clasificación xeral.

Goleador: Jacobo (78’)

Terceira futgal, Pontevedra, grupo 1  

FIGUEIRIDO C.F. – C.D. CESANTES (1-1)

Empate do Cesantes na súa visita ao Figeurido, nun partido emocionante no que comezaron dominandoa  primeira metade, pero que os anfitrións lograron igualar case ao final do partido (72’). Nestes momentos sitúanse de sétimos con 12 puntos e o próximo domingo reciben ao Barro CF, terceiros pola cola.

Goleador: Roi (39’)

Terceira Galicia, Vigo 1

CHAPELA C.F. –  ATLETICO HURACAN DE ZAMANS  (1-3)

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará