Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre unha porta violeta baixo o lema “sempre hai saída”, emblema da programación do 25N

WhatsApp Image 2024-11-04 at 14.44.29

A programación que se desenvolverá dende o venres 15 ata o 28 de novembro inclúe conferencias con perspectiva de xénero, performance, obradoiros para o alumnado de institutos e colexios, exposicións, clases de autodefensa, contacontos para os máis cativos e a IV gala dos premios de xornalismo ético Sesé Mateo.

Unha porta violeta presidiu este mediodía a presentación das actividades que organiza o Concello de Redondela este mes de novembro co gallo da celebración do 25N do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A alcaldesa, Digna Rivas, acompañada da concelleira de Igualdade Iria Vilaboa, o experto en seguridade dixital Javier Cancelas, e membros da asociación Andaina, deu conta da programación que comeza esta mesma semana. O lema deste ano, “Sempre hai saída” e a porta violeta que o representa “son un chamamento á liberdade, unha alegoría para que as vítimas busquen a axuda que precisan non só nas administracións ou entidades, senón na súa contorna, na súa familia e amizades, na veciñanza e na sociedade”, sinala Rivas.

A porta violeta instalarase na praza do Concello e recollerá ao longo deste mes as mensaxes dos centros de ensino, centros de día e colectivos como Andaina e Lenda, que participan desta actividade. Colexios, institutos e outras entidades participantes na campaña terán tamén a súa propia porta, con material achegado polo Concello, para escribir as súas mensaxes. A concelleira Iria Vilaboa explicou que a boneca “Violeta” visitará os diferentes centros e asociacións para coñecer estas mensaxes. Tanto Rivas como Vilaboa agredeceron a todos os centros, colectivos e asociacións a súa participación “xa o obxectivo deste goberno é que toda a sociedade se implique na loita contra a violencia machista”. Agradeceron tamén a colaboración da concellería de Infraestruturas e Sostibilidade cuxos operarios se encargaron de realizar a porta violeta desta campaña.

A alcaldesa salientou que desde o Concello “traballamos todos os días do ano na prevención da violencia machista”. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios e tamén para o público en xeral. Neste mes de novembro a programación refórzase aínda máis con actividades dirixidas especialmente ao alumnado dos institutos e colexios, “porque na educación está a base da prevención de conductas machistas” e tamén para o público en xeral.

PROGRAMACIÓN

A primeira xornada de accións reivindicativas arrinca o día 15 no Múltiusos da Xunqueira con distintas actividades. Ás 10.00 horas o auditorio municipal acollerá a conferencia “Amelia. Histora de una lucha”, a cargo de Amelia Tinagus e dirixida ao alumnado dos IES do Concello. Na mesma localización, a partir das 18.30 horas estará aberta a exposición “Chicas Nuevas 24h” dirixida por Mabel Lozano para o público xeral. Por último, a partir das 19.00 horas, Amelia Tiganus volve a dar unha conferencia titulada “Juventud, internet y violencia sexual: ¿quién gana?” desta vez dirixida ao público xeral.

O venres 22 de novembro ás 19.00 horas o Multiusos da Xunqueira volve a acoller unha conferencia titulada “Violencia machista na contorna dixital” a cargo de Javier Cancelas e Andrea González e dirixida a toda a cidadanía. Ao día seguinte, sábado 23, está programada a actividade de “Formación en autodefensa” no Pavillón Municipal de A Marisma a partir das 10.00 horas para a que se precisa inscrición previa no enderezo igualdade@redondela.gal.

A entrega do galardón do “IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista” terá lugar o 23 de novembro ás 12.00 horas na Oficina de Turismo situada no nº 2 da Rúa Isidoro Queimaliños. Adiantan dende o goberno local que “este ano o formato da gala será distinto e anunciarémolo máis adiante con todo detalle, porque así o merece un acto desta importancia”.

O acto institucional do día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, 25 de Novembro, será na Praza do Concello a partir das 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a Performance “Sempre hai saída” de Neves Seara e Arancha Nogueira. Durante a actuación o alumnado dos centros escolares e Centros de Día de Redondela, xunto coas distintas asociacións colaboradoras do Concellocomo Andaina ou Lenda decorarán a porta violeta con frases contra a violencia machista que traballarán ao longo do mes. Para despois pasar a facer un lazo humano na Praza que pretende ser unha forma de visibilizar as vítimas e os asasinatos machistas. Esta última actuación está aberta ao público e para participar é obrigatorio asistir con camiseta negra.

Para rematar, o xoves 28 de novembro a xornada estará dedicada aos máis cativos coa lectura do contacontos “Aitana e a avoa, e outros contos violetas” no Multiusos do Piñeiral ás 18.30 horas a cargo de Soraya Lema para as crianzas de máis de tres anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará